Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 11:49
A subida un 8% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ata os 1.080 euros en 2023 beneficiará a preto de 100.000 traballadores en Galicia.
Así o destacou o delegado do Goberno, José Miñones, quen valora a "excelente noticia para Galicia" e "para a maioría" da subida anunciada polo presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, tras chegar a un acordo cos sindicatos UGT e CC.OO.
Así, remarca que se cumpre o compromiso de que o salario mínimo alcance o 60% do salario medio de España, cunha subida do 47% desde que goberna Pedro Sánchez. Resalta que desde 2018 o salario mínimo incrementouse de 735 euros a 1.080.
Deste xeito, contrasta a subida do 47% co PSOE no Goberno fronte á alza de só o 14% co PP durante 8 anos no Executivo central, o que define como unha "diferente forma de gobernar e protexer".
Neste sentido, Galicia será "da comunidade máis beneficiadas", con preto de 100.000 traballadores, "principalmente" mulleres, novas e profesionais do sector primario.
Miñones aplaude que é "un paso máis do Goberno para unha recuperación xusta e protexer á maioría". "Imos seguir protexendo aos cidadáns", garante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.