Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/02/2023 | Actualizada ás 13:40
O Consello de Ministros vai aprobar este martes a modificación do Real Decreto de 19 de abril de 2022 pola cal o uso das máscaras deixará de ser obrigatorio nos transportes públicos, así como nas ópticas, centros auditivos e ortopedias.
Desta forma, e unha vez a normativa se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE), as máscaras só van ser obrigatorias nos centros e servizos sanitarios como hospitais, centros de saúde, clínicas dentais, centros de reprodución humana asistida, centros de interrupción voluntaria do embarazo e outros centros de atención especializada.
Tamén se terán que usar nas farmacias e nas residencias, aínda que neste último lugar só será obrigatorio para os profesionais que traballen neles sempre que estean en contacto con residentes e para os visitantes cando se atopen en zonas compartidas.
Esta nova normativa prodúcese case un ano despois de que o uso das máscaras deixase de ser obrigatorio no exterior, medida aprobada o 10 de febreiro, e uns meses máis tarde (o 20 de abril) de que xa non se utilice nos espazos interiores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.