Rueda irá á Feira do Cocido do Lalín durante a manifestación de SOS Sanidade Pública porque está "politizada"

Suxire que o Goberno non toma solucións estruturais porque "no cómputo global" probablemente "interese máis a protesta que a solución".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmouse en que hai "politización" detrás da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo 12 de febreiro ante a situación da Atención Primaria e, a preguntas dos medios sobre se barallaba acudir, replicou que ten outra axenda: irá á Feira do Cocido de Lalín.

"Por moitísimas razóns vou estar aí. Teño aquí ao conselleiro de Educación (Román Rodríguez), que é de Lalín, e non me permitiría outra cousa", chanceou o presidente galego, quen asegurou que respecta a protesta porque "a xente ten dereito a manifestarse", pero insistiu que "hai moita politización" detrás da convocatoria.

"Hai xente que se manifestará lexitimamente, pero pódese constatar a ollos mesmo imparciais que hai moitísima intención de politizalo todo, e de aproveitar para sacar rédito político", recalcou.

Todo iso, precisou, sendo consciente de que hai "problemas" na sanidade. Pero o presidente galego considera que "o que menos interesa" á oposición en Galicia "en vésperas de eleccións" é a sanidade. "Ven a oportunidade e tentan dar a entender que os problemas que se dan en Galicia non se dan noutras comunidades, que se dan exactamente igual, e, se me permiten, bastante aumentados", reprobou.

"INTERESA MÁIS A PROTESTA"

Neste punto, insistiu en que a situación da sanidade require de solucións estruturais que "non poden depender de cada comunidade". En concreto, aludiu á dotación de máis prazas MIR ou á creación da especialidade de urxencias.

Baixo o seu punto de vista, estas decisións que --sinalou-- dependen do Ministerio de Sanidade "probablemente non se tomen" porque "no cómputo global interesa máis a protesta antes que a solución".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta