Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 13:35
O presidente da Deputación da Coruña e tamén secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reclamou á Xunta axudas para pemes, microempresas e autónomos, ao considerar "extrapolable" o plan da institución provincial ao ámbito autonómico.
"Se a Xunta tivese o mesmo ímpeto no ámbito do emprego, hoxe estariamos a falar dunha Galicia distinta", asegurou ao reivindicar o Plan de Emprego Local (PEL) da institución provincial, que destinará este ano 7,65 millóns de axudas a estes sectores. As mesmas están destinadas a financiar contratacións, investimentos que melloren a competitividade das empresas e as cotas á Seguridade Social de persoas autónomas.
"O PEL chegará este ano a uns 1.425 beneficiarios, con axudas para contratacións e investimentos que van dos 1.000 aos 45.900 euros por empresa ou autónomos. Todas as axudas serán compatibles entre si", detallou Formoso nunha comparecencia ante os medios de comunicación.
Ademais, dixo que se está ante o PEL "cun maior orzamento inicial". O mesmo, engadiu, "permitirá seguir creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.