Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 18:39
O BNG urxiu este venres ao Executivo central a "destinar todos os esforzos posibles" a completar, "no menor tempo posible", a conexión ferroviaria do Eixo Atlántico con Portugal. Segundo trasladou o Bloque nun comunicado, o seu deputado no Congreso, Néstor Rego, apuntou que "parece evidente que o Goberno dá as costas a unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento social e económico de Galicia" e que "se materializa no atraso da licitación do novo estudo para o saída sur de Vigo".
Así mesmo, subliñou que a Comisión Europea "acaba de incluír a liña A Coruña-Lisboa como unha das liñas transfronteirizas prioritarias". Nesta liña, resaltou que as previsións do Goberno portugués son que as obras que lles corresponden "terminarán entre 2028 e 2030".
En canto ás que corresponden ao Executivo de Pedro Sánchez -- un tramo de 35 quilómetros --, lembrou que a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, "declarou recentemente en Vigo que estarían sen problema antes de 2040".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.