O sur de Ourense volverá estar na madrugada deste sábado en aviso amarelo por temperaturas por baixo de -4

Na pasada madrugada varios concellos ourensáns superaron esa temperatura

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/02/2023 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O sur de Ourense volverá estar na madrugada deste sábado en aviso amarelo por frío, con valores que poderían descender dos 4 graos negativos. Segundo consta a web de Meteogalicia, esta alerta por baixas temperaturas estará vixente en municipios do sur desta provincia entre a medianoite e as 9,00 da mañá.

Precisamente, na pasada madrugada varios concellos ourensáns superaron á baixa os -4 graos. É o caso dos de Verín (-5,9 graos), A Veiga (-4,9) Xinzo (-4,5), Baltar (-4,4) e Viana do Bolo (-4,3).

Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás
Vexetación afectada polas xeadas no concello de Sandiás | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta