Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2023 | Actualizada ás 13:54
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou os avances cara á inclusión plena das persoas con Asperger, "froito do traballo e do esforzo colectivo de familiares, entidades e administracións".
Fabiola García participou no acto conmemorativo do Día Internacional da Síndrome de Asperger, organizado por Asperga e a Federación Autismo Galicia. A conselleira cualificou de "extraordinario" todo o que se conseguiu nos últimos anos en favor das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) e garantiu que o Executivo autonómico continuará "acompañándoos en cada un dos seus pasos vitais: desde a infancia ata a madurez".
Así, referiuse a as máis de 40 unidades de atención temperá impulsadas pola Xunta para previr e dar resposta aos problemas de desenvolvemento de nenos de 0 a seis anos, e que dan cobertura a 200 municipios de toda Galicia.
A conselleira tamén destacou o feito de que Galicia ten un dos sistemas educativos máis inclusivos de España e que "contan co apoio da Xunta para facilitar o seu acceso ao mundo laboral, a través de programas específicos e de prazas reservadas para o traballo público".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.