Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 12:10
CIG-Ensino apuntou este luns que considera que a última versión presentada polo Ministerio de Educación e FP (MEFP) para regular a proba de acceso á universidade (ABAU) "vulnera a igualdade que debe existir entre o galego e o castelán".
Así, sinalou que, "aínda estando de acordo en que as Comunidades que teñan maior ámbito competencial na ordenación académica e no deseño desta proba", as modificacións introducidas "inciden na discriminación das linguas cooficiais en relación ao castelán".
Segundo trasladou o sindicato nun comunicado, pediron a retirada concreta dese apartado, xa que entende que "pon en dúbida a realización das probas nas materias específicas da especialidade de Lingua e Literatura galega".
Deste xeito, a proposta do sindicato é que, a nivel galego, se regule un novo Plan de normalización lingüística nas aulas e que, nas probas de acceso á universidade, "polo menos a metade" das materias, "incluída a obrigatoria da modalidade de Bacharelato cursado, teñan que ser realizadas en galego". Así mesmo, criticou que o MEFP "regule de costas ao profesorado", a preto dun tema no que a súa opinión "deberían de contar máis aló das organizacións sindicais que os representan".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.