Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 10:44
Manuel Reboiras Noia presentará este venres, 17 de febreiro, unha querela criminal nos xulgados de instrución de Ferrol contra 26 membros de forzas e corpos de seguridade do Estado (policía armada e membros da Brigada Político Social) que participaron no operativo, os días 11 e 12 de agosto de 1975, no que foi asasinado o seu irmán, Moncho Reboiras.
Segundo informa o colectivo Ceaqua Galiza nun comunicado, nesta querela impútase aos querelados un delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade. De tal forma, esta querela súmase ás máis de 80 presentadas no conxunto do Estado por persoas que, no exercicio do seu dereito á verdade, xustiza e reparación, demandan que se investiguen e se xulguen os crimes contra a humanidade cometidos pola ditadura franquista.
Ceaquea convida a participar neste acto público no que participará o equipo xurídico do colectivo e o propio querellante, Manuel Reboiras Noia. Reboiras foi abatido a tiros en Ferrol o 12 de agosto de 1975 por axentes da policía franquista tras protagonizar horas antes unha persecución por varias zonas da cidade naval.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.