Seguen sen nacer crianzas en Galicia: 231 menos en 2022

Aumentan as nais de máis de 40 anos. Foron máis de 2.200 o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 14.556 nacementos en 2022, o que supón 231 menos que en 2021 (-1,56%), segundo os datos de estimación mensual de alumeamentos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

No entanto, o ritmo de caída de nacementos de Galicia en 2022 é menor ao 3% de descenso acumulado no ano 2021. Así mesmo, o 1,56% de descenso é lixeiramente inferior ao ritmo de retroceso na media española (-2,08%).

Lugo é a única provincia galega na que hai un incremento, pasa de 1.622 bebés nados en 2021 a 1.740 en 2022. Con todo, o resto de provincias computan unha baixada: A Coruña (pasa de 6.318 en 2021 a 6.239 en 2022), Pontevedra (de 5.448 a 5.253) e Ourense (de 1.399 a 1.323).

No tocante só ao mes de decembro, naceron 1.189 nenos en Galicia, o que se traduce en 52 menos que un ano antes, segundo os datos do INE.

AUMENTO DE NAIS DE MÁIS DE 40 ANOS

Por idades das nais, obsérvase un incremento entre as maiores de 40 anos, foron 2.202, 69 máis que as 2.133 dun ano antes.

O grupo de idade máis grande entre as nais en 2022 é o de 35 a 39 anos (4.877), seguida de 30 a 34 anos (4.472). Houbo dúas nais de menos de 15 anos e un total 12 de 50 anos ou máis.

Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai
Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta