Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2023 | Actualizada ás 11:40
Catro persoas foron detidas en Vilagarcía de Arousa na desarticulación asentado na provincia de Pontevedra que se dedicaba ao tráfico de cocaína entre Galicia e Portugal. A operación bautizada como 'Positivo-Cantera' foi desenvolvida de forma conxunta por Vixilancia Aduaneira, Policía Nacional e Garda Civil.
A investigación arrincou en xaneiro de 2022, cando as forzas da orde tiveron coñecemento da existencia dunha organización delituosa que operaba desde localidades da ría de Arousa. Segundo informan as forzas da orde nun comunicado conxunto, este grupo coordinaba envíos e traslados de cocaína entre distintos puntos de Portugal e Galicia, onde, desde Pontevedra, chegaban tamén á Coruña e Ourense.
Ademais, esta organización tamén se dedicaba á distribución a pequena escala de drogas en diversos locais de lecer da zona do Salnés. Solicitada toda a información ao redor deste grupo, funcionarios de Vixilancia Aduaneira de Ourense e membros dos grupos da Udyco de Pontevedra, Greco Galicia e a EDOA da Garda Civil de Pontevedra e Ourense organizaron un operativo conxunto para rexistrar sete vivendas e inmobles de Vilagarcía de Arousa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.