O TSXG anula a modificación da relación de postos de traballo de Política Social por "vulneración do dereito sindical"

Nesta modificación da RPT da Consellería de Política Social suprimíronse seis postos de traballo, se creraon nove e mudaron as condicións de 95, entre persoal funcionario e laboral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social por "vulneración do dereito sindical", ao estimar o recurso contencioso-administrativo contra a Consellería de Facenda. Ademais de darlle a razón, imponlle as costas procesuais á Administración autonómica, como recolle a sentenza difundida pola propia CIG.

O sindicato explica que é unha "práctica habitual" da Administración autonómica con moitas das relacións de postos de traballo e con cuestións que afectan as condicións de traballo do seu persoal. Así, lembra que "tampouco é a primeira vez" que a xustiza tomba unha RPT.

Neste sentido, lembra que o TSXG anulou a RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicada o 17 de xullo de 2018, por "vulneración do dereito á negociación colectiva, vulneración do procedemento, ausencia de avaliación orzamentaria e falta de motivación dos actos administrativos".

Segundo explica a responsable nacional de CIG-Autonómica, Zeltia Burgos, nesta modificación da RPT da Consellería de Política Social suprimíronse seis postos de traballo, se creraon nove e mudaron as condicións de 95, entre persoal funcionario e laboral.

SEN ENVIAR DOCUMENTACIÓN

"Todo isto, sen xustificar adecuadamente nin enviado documentación ás organizacións sindicais para que puidesen ser analizadas e poder alegar e negociar", agrega. O TSXG considera, ademais, que tan só dous días para examinar documentación "non é prazo suficiente" e tíralle das orellas á Xunta pola saturación de asuntos na mesa, o que "dificulta" a negociación efectiva de cada un deles. "Xusto o que estamos a vivir cada día con absolutamente todas as mesas que convoca", denunciou Burgos.

Ademais, a CIG advirte de que, sobre o uso que está a facer da Comisión de Persoal para validar asuntos que non foron acordados nas mesas de negociación, a Xustiza lémbralle á Xunta que este órgano "é alleo aos procesos de negociación en canto só cumpre funcións de asesoramento e coordinación de face á negociación propiamente dita".

Por iso é polo que nesa reunión, sinala a CIG, só procedésese á votación da proposta, co voto en contra de CIG, CC OO, CSIF, UXT. A pesar diso, o director Xeral de Función Pública declarou aprobada a proposta cos votos en contra citados.

O fallo anula a RTP e obriga a renegociar as condicións. "Esperemos que a administración non recorra esta sentenza en casación, prolongando a súa agonía e aumentando o gasto público", advertiu Zeltia Burgos, mentres que CIG esixe o cesamento do director xeral.

Zeltia Burgos e Suso Bermello (CIG) en rolda de prensa
Zeltia Burgos e Suso Bermello (CIG) en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta