Comesaña defende o sistema de atención de pacientes por persoal que non é sanitario en centros de saúde

Di que a través do sistema Xide o paceinte que acude ao centro médico pode ser atendido por un profesional, que a pesar de non ser sanitario, si é "traballador do centro de saúde".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2023 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, asegurou este martes que é "de sentido común" o establecer un sistema de xestión da demanda nos centros de Atención Primaria, aínda que o seu departamento está "aberto ao diálogo" e a "mellorar" a proposta se hai achegas.

A preguntas dos medios, Comesaña defendeu o sistema Xide que a Xunta implantou nos centros de saúde para, a través de 700 criterios de citación, dirixir ás persoas que chegan sen cita previa ao profesional máis adecuado ao seu motivo de consulta.

Así, o consellerio lembrou que o sistema se pilotou en dous centros de saúde con resultados "moi positivos" e apuntou que o profesional que recibe ao paciente, a pesar de non ser sanitario, si é "traballador do centro de saúde" e "ten os mesmos compromisos de confidencialidade de calquera traballador".

En todo caso, precisou Comesaña, "se o paciente non quere usar ese sistema e quere ser visto polo médico, pódeo facer", engadiu.

A mellora da Atención Primaria, dixo o responsable da sanidade galega, require de "traballo en equipo" e a creación dunha ferramenta para mellorar a xestión dos pacientes "é unha demanda histórica dos médicos". "Parécenos de sentido común", dixo Comesaña, que admitiu, no entanto, que "calquera sistema é susceptible de melloras" e dixo que na consellería están "abertos ao diálogo" e "ao consenso".

Centro médico do Concello de Caldas de Reis. CONCELLO DE CALDAS DE REIS
Centro médico do Concello de Caldas de Reis. CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta