Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/02/2023 | Actualizada ás 17:03
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a nova presidenta da Cámara de Comercio, María Pais, reuníronse este martes para ter unha primeira toma de contacto e tratar temas de interese como a axilización da xestión de licenzas, o desenvolvemento de infraestruturas estratéxicas ou melloras dos servizos públicos.
Tras o encontro no Pazo de Raxoi, Pais destacou que a Cámara "está a disposición da cidade" e indicou a necesidade de acordos entre todas as forzas políticas locais "para traballar por Santiago". Nesta liña, Sánchez Bugallo definiu a relación entre Concello e a Cámara de Comercio como "fluída, cordial e de gran cooperación".
Deste xeito, resaltou "a aposta por apoiar a Cámara de Comercio como institución coa que podemos levar a cabo múltiples programas de creación de emprego ou de apoio ás empresas".
Así mesmo, o alcalde lembrou que a creación do polígono da Sionlla supuxo un incremento "drástico" do número de novas empresas e destacou que "en 2 ou 3 anos, como máximo 4, haberá que pensar nunha ampliación ou a construción de novos polígonos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.