"Feijóo estaría penado polo novo Código Penal por pasar a súa renda de 600.000€ a 930.000€"

Lea entre o BNG e o PPdeG polo incremento do patrimonio de Feijóo nos seus últimos anos en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2023 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O pleno do Parlamento de Galicia viviu na tarde deste martes unha lea entre os deputados Iago Tabarés (BNG) e Alberto Pazos (PPdeG) despois de que o primeiro sinalase o incremento patrimonial do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante os seus últimos anos na política galega.

En concreto, Tabarés mencionou este asunto durante a defensa dunha proposición non de lei dos nacionalistas para instar á Administración autonómica a "inmediata resolución" de procesos selectivos de 2018 e 2019. Era o último punto da orde do día

O deputado nacionalista acusou á Xunta de incumprir diversas normativas, entre elas o Regulamento da Cámara galega. Neste contexto, solicitou que Feijóo, como exdiputado do Parlamento e expresidente galego, xustifique ese "incremento patrimonial de 800.000 euros" durante os seus últimos anos en Galicia.

Algúns medios de comunicación cifraran en máis de 600.000 euros o seu enriquecemento entre 2020 e 2022, ata alcanzar os 930.000 euros que declarou cando asumiu a acta de senador. Fontes do PP consultadas no seu momento atribuíano á venda dunha casa en Moaña (Pontevedra).

Neste contexto, Tabarés lembrou que, desde a reforma que entrou en vigor o 12 de xaneiro de 2023, o artigo 438 bis do Código Penal contempla ata tres anos de cárcere para as autoridades que "durante o desempeño da súa función ou cargo e ata cinco anos despois de cesar neles, obtivese un incremento patrimonial ou unha cancelación de obrigacións ou débedas por un valor superior a 250.000 euros" e se negara a súa "xustificación".

O PP VE "COVARDÍA"

Tras esta intervención, o popular Alberto Pazos acusou ao nacionalista de "covardía" por "imputar un delito a un exdiputado desta Cámara no momento en que está ausente, que non se pode defender, e facéndoo desde a impunidade que lle dá a acta de deputado".

De feito, Pazos esgrimiu que Tabarés "non se atreve a soster as acusacións nun xulgado" para así "aforrarse o bochorno que lle suporía a moquetada que lle ían a dar na sentenza". "Hai que ser ridículo", espetou.

Con todo, durante a súa última intervención, o deputado do BNG negou que imputase un delito ao expresidente Feijóo porque a reforma do Código Penal non entrou en vigor ata comezos de 2023. "Os comportamentos anteriores ao 12 de xaneiro de 2023 son punibles? Non. Por esa razón non imputei ningún delito a ese señor por comportamentos anteriores á entrada en vixencia", remachou.

Así a todo, con ton irónico, Tabarés dixo que quizá non se lle entendera porque falara "moi rápido" e "os señor Pazos ten certa dificultade para entender segundo que cousas".

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, á súa saída do Parlamento galego,
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, á súa saída do Parlamento galego, | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta