Por E.P. | Galicia | 23/02/2023 | Actualizada ás 19:10
A académica Fina Casalderrey participou este xoves na entrega dos premios do III Certame de relato breve A Erbeda, que este ano recaeron en Alma Sánchez Núñez (Lugo), Aroa Currás García (Moaña) e Sabela García Santos (Ordes), nas categorías de persoas adultas, xuvenil e infantil, respectivamente.
Segundo trasladou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado, este certame está convocado pola asociación Os Nosos Lares de Palavea coa colaboración da RAG, o Concello da Coruña e as librarías Moito Conto, Xiada e Formatos.
Así, esta iniciativa que recupera o topónimo literario que Emilia Pardo Bazán deulle ao barrio coruñés de Palavea, A Erbeda, e coa que se lle rende tamén homenaxe a esta escritora.
OBRAS GAÑADORAS
Na modalidade de persoas adultas, a premiada foi Alma Sánchez Núñez cun relato titulado 'A flor amarela' que arrinca na Coruña a comezos do século XX. Deste xeito, na categoría xuvenil o galardón foi para Aroa Currás García, estudante de segundo da ESO do IES As Barxas de Moaña, por 'A caixa'.
Así mesmo, en infantil o xurado premiou 'O paxaro máxico', un conto de Sabela García Santos, alumna do CEIP Castelao de Ordes, que xa foi gañadora nesta categoría na edición de 2022. Este relato narra a aventura de dous vellos amigos desde a infancia que busca unha ave especial polas fragas do Eume, entre outros lugares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.