Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 18:29
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apelou a toda a cidadanía galega a doar sangue nas próximas xornadas, en especial dos grupos sanguíneos 0 negativo e A positivo, xa que as reservas atópanse en nivel baixo. Ademais, a A negativo está en niveis normais, aínda que as de B negativo e positivo, AB positivo e negativo, e 0 positivo están en bo nivel.
ADOS lembra que hai "moitas persoas" nos hospitais que precisan unha transfusión por múltiples razóns e que, para atendelas, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) precisa case 500 doazóns de sangue cada día. Por iso, fai un chamamento a acudir a calquera do sete puntos de doazón habilitados nas cidades galegas ou a algunha das 10 unidades móbiles que cada día percorren toda Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.