Vilas termais e centros históricos, a proposta de Ourense aos fondos europeos

Ourense xa forma parte do itinerario europeo de cidades históricas con patrimonio termal

Por E.P. | Ourense | 28/02/2023 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense prepara unha candidatura para presentar á convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino dun proxecto específico destinado á promoción de vilas termais e cascos antigos declarados Conxunto Histórico-Artístico.

Como vilas termais, forman parte da área de intervención do proxecto Arnoia, Boborás, Cenlle, Cortegada, Leiro, O Carballiño, Ribadavia, Bande, Lobios, Muíños, Baños de Molgas, Monterrei, Verín, Punxín e Castrelo de Miño. Mentres que, como concellos con centros históricos, están Castro Caldelas e Allariz, ademais dos xa mencionados Ribadavia e Boborás.

Manuel Baltar afirmou que o proxecto liderado pola Deputación, a través do Inorde, "é unha nova oportunidade para pór en valor a provincia e aproveitar os recursos europeos", un elemento que se mostrou seguro de poder alcanzar "tanto polo consenso como pola unión de esforzos, o éxito e a experiencia deste territorio".

Na reunión celebrada esta mañá analizáronse as prioridades que permitirán situar a estas áreas como destino turístico, especialmente no ámbito termal, onde Ourense xa forma parte do itinerario europeo das cidades históricas con patrimonio termal. No encontro, tamén se avaliaron aquelas actuacións que permitan atraer poboación, xerar emprego e facer esa transición ecolóxica cara a un destino sustentable na provincia de Ourense.

O obxectivo da candidatura que estrutura o Inorde é liderar, desde unha visión integral de provincia, a transformación competitiva das vilas termais e centros históricos. As actuacións que incluirá este proxecto viran en torno o catro eixos: transición verde e sustentable; eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.

Termas da Chavasqueira
Termas da Chavasqueira | Fonte: Turismo de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta