Augas de Galicia declara como novas zonas sensibles ao Umia, Mandeo, Rande e San Simón

Implica unha depuración máis esixente nas verteduras urbanas de augas residuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Augas de Galicia declarou como novas zonas sensibles na conca Galicia-Costa aos ríos Umia, Mendo-Mandeo (Betanzos) e Oitavén-Verdugo (San Simón), así como á zona de Rande (Redondela).

Así figura na resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores con motivo da revisión cada catro anos que se realiza da declaración de zonas sensibles no ámbito das concas hidrográficas de Galicia Costa. Esta nova cualificación implica unha depuración máis esixente nas verteduras urbanas de augas residuais.

Neste sentido, identifícanse as aglomeracións urbanas que vertan nas zonas sensibles e que conten con máis de 10.000 habitantes. A do Umia abarca as aglomeracións de Meaño, Cambados e Vilanova de Arousa. Mentres, a de Oitavén-Verdugo (San Simón) refírese a Arcade (Soutomoaior), Vilaboa-Pontevedra, Comboa (Soutomaior) e Riomaior (Vilaboa). Isto únese ás de Mendo-Mandeo (Betanzos) e Rande (Redondela).

Estatua Do Capitán Nemo Ante A Illa De San Simón
Estatua Do Capitán Nemo Ante A Illa De San Simón | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta