As oposicións "conquistan" a máis da metade dos galegos

O 54% dos galegos de 18 a 55 anos xa opositaron ou teñen en mente facelo.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/03/2023 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

As oposicións son cada vez máis unha opción para os galegos xa que, como sinalan os resultados do estudo "O peso do opositor en España", cerca de 400.000 galegos xa opositaron ou están a facelo. Ademais, o interese por opositar aumentou do 11% ata o 23%, é dicir, case 300.000 galegos. 

Oposicións
Oposicións | Fonte: XUNTA

En Galicia o atractivo aumentou por riba da media nacional. O 31% da poboación galega entre 18 e 55 anos xa opositaron ou o está facendo, emtnres que un 23% quere facelo nun futuro próximo.

MELLOR CALIDADE DE VIDA E INGRESOS

Unha ampla maioría dos cidadáns galegos, o 78%, afirman que ser funcionario proporciona unha mellor calidade de vida que os demais postos de traballo. Así, a estabilidade e a conciliación laboral son os aspectos máis desexados á hora de buscar emprego para o 64% dos galegos. 

Nesta liña, o 52% dos opositores galegos consideran que a praza de funcionario permitirá aumentar os seus ingresos á metade.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta