Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/03/2023 | Actualizada ás 17:19
A cidade de Santiago de Compostela homenaxeou un ano máis a estatua de Ramón María del Valle-Inclán, situada no Paseo dos Leóns da Alameda, que volveu a lucir a súa insigne bufanda vermella.
Unha peza simbólica colocada polo seu neto, Joaquín del Valle-Inclán, que establece unha conexión coa colocación dunha famosa bufanda branca na estatua do autor no paseo de Recoletos da cidade de Madrid.
Foi a través dun acto conmemorativo que organiza desde 2007 a Fundación Granell en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal (A Coruña), ao que asistiron o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e distintos membros da corporación municipal e a cultura compostelá.
Durante a xornada, os presentes participaron nunha lectura que percorría fragmentos da obra deste autor galego que, como lembrou o director do museo, Antonio González Millán, "enterrado non quere dicir esquecido".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.