As grandes refinarías, "responsables" de que non baixe o prezo dos combustibles

Galicia é a segunda comunidade autónoma onde máis medrou a presenza de gasolineiras automáticas

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/03/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Dous meses despois do fin do desconto ao prezo dos carburantes, o prezo da gasolina e do diésel foron en aumento ante o veto ás importacións do petróleo ruso. Porén, desde o grupo Moure responsabilizan ás grandes refinarías como freo á unha posible redución dos prezos.

Mangueiras de combustible nunha gasolineira
Mangueiras de combustible nunha gasolineira | Fonte: Europa Press

"Manexan unhas marxes á alza, provocando unha diferenza significativa de como se valora o prezo", explica Marcos Moure, propietario do Grupo Moure. O experto lembra que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia xa está investigando o caso. "As grandes petroleiras tiveron uns beneficios extraordinarios, imposibilitando que o carburante reduza o seu prezo", afirma.

De igual xeito, o Grupo Moure recordou cuestiona a xestión da bonificación dos 20 céntimos. "Acabou supoñendo un desastre para o freo a o incremento dos prezos e para a presente e crecente inflación", manifesta, á vez que critica que beneficiou ás familias con máis ingresos sobre os fogares pobres.

GALICIA, ONDE MÁIS MEDRAN AS GASOLINEIRAS AUTOMÁTICAS

Por outra banda, Galicia é xa a segunda comunidade autónoma onde máis medrou a presenza de gasolineiras automáticas, cun incremento do 155% con respecto a marzo do 2021. A Asociación Nacional de Estacións de Servizo Automáticas (Aesae) vén de analizar o sector e sinala a eliminación de trabas burocráticas en Galicia como o factor principal que propiciou o seu crecemento.

Este tipo de gasolineiras rozan xa os 100 puntos en Galicia, cunha distribución heteroxénea. Son as provincias de Lugo e A Coruña onde este modelo de negocio ten máis penetración, cun 18% e un 14% respectivamente. Tras elas está Pontevedra cun 12% e Ourense cun 10%. 

CAUSAS DO CRECEMENTO

Desde Aesae explican que o incremento dos prezos dos combustibles xoga un papel fundamental para que os consumidores elixan este tipo de establecementos. Súmase tamén a "boa acollida" que rexistraron durante os momentos máis duros da pandemia e a eliminación de barreiras contrarias á libre competencia.

Ante esta situación, moitas gasolineiras tradicionais optaron por pasar a ser automáticas. "Instalaron tecnoloxía para funcionar en modo automático e facer máis eficientes as gasolineiras", explica o presidente de Aesae. Os datos que manexan indican que o 13,47% das gasolineiras automáticas en España corresponden a marcas tradicionais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta