Medra un 4,1% a creación de empresas en Galicia

As disolucións baixaron un 15,7% no mes de xaneiro

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 09/03/2023 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O número de novas sociedades mercantís subiu un 4,1% en xaneiro en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata sumar 384 empresas, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Mentres, as disolucións baixaron un 15,7%, ata 193 (173 voluntarias, 14 fusións e seis doutro tipo).

O capital subscrito e desembolsado polas novas compañías alcanzou os 33,03 millóns. Todas elas optaron pola fórmula de sociedade limitada. Pola súa banda, ampliaron capital 131 empresas, por un importe que se situou en 35,89 millóns. Foron catro sociedades anónimas, por 7,71 millóns e 127 sociedades limitadas, por 28,18 millóns. Reducírono 36, por uns 14,95 millóns. Non houbo desembolso de dividendos.

DATOS ESTATAIS

Co repunte de xaneiro, a creación de empresas volve a taxas positivas despois de que en decembro de 2022 experimentase un descenso interanual do 1,6%.

Para a constitución das 9.472 empresas creadas o pasado mes de xaneiro subscribíronse algo máis de 553 millóns de euros, o que supón un 9,9% máis que en igual mes de 2022, mentres que o capital medio subscrito, que se situou en 58.388 euros, diminuíu un 4,9% interanual.

Mulleres ao ordenador
Mulleres ao ordenador | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta