Silleda acollerá o 20 de maio as probas para avaliar competencias en matemáticas e lingua da Xunta

Segundo o Goberno galego nun comunicado, con estas medidas, as persoas que pasen estas probas poderán acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2023 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou que celebrará o próximo 20 de maio no recinto feiral de Silleda, en horario de mañá e tarde, as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos.

Segundo trasladou o Goberno galego nun comunicado, con estas medidas, as persoas que pasen estas probas poderán acceder á formación para o emprego e cursar os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que os inclúen como requisito.

Deste xeito, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou este xoves na súa web a relación provisional de admisións e exclusións. Así tamén se abre un prazo de reclamacións ata o 15 de marzo.

En total presentaron a súa solicitude para participar nesta convocatoria un total de 2.424 persoas, ás que se valorará as súas competencias en matemáticas e comunicación en lingua castelá, galega e inglesa.

Probas de oposición en Silleda
Probas de oposición en Silleda | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta