A CRTVG estrea Digochiño.gal, a web da mascota do #DígochoEu

Cada sábado "fomenta o uso do galego entre os máis pequenos de casa" xunto á xornalista Esther Estévez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

'Digochiño', a mascota do espazo da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) #DígochoEu, estrea páxina web. Trátase dun portal dedicado ao personaxe que cada sábado na segunda canle da TVG "fomenta o uso do galego entre os máis pequenos de casa" xunto á xornalista Esther Estévez.

Así, digochiño.gal funcionará como un colector de episodios no que os medios públicos galegos ofrecen xa contidos específicos para os máis pequenos. Nela pódense atopar todos os vídeos das conversacións entre a mascota e a xornalista nos que, entre outros temas, falan de ecoloxía, feminismo, expresións galegas ou cuestións cotiás.

A CRTVG destacou que desde o seu lanzamento, hai pouco máis de dous mes, Digochiño converteuse en "un fenómeno viral nas redes sociais". A través das canles dixitais #DígochoEu, os vídeos deste raposo azul "superan xa os dous millóns de reproducións en TikTok e acumulan outros centos de miles en Instagram".

O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG
O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta