Ferida unha muller que caeu cando cortaba unha árbore nun monte de Viana do Bolo

Foi evacuada polo 061 ao Hospital de Verín

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/03/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida tras caer mentres cortaba unha árbore nun monte do municipio ourensán de Viana do Bolo. Segundo informou o 112, a ferida foi evacuada polo 061 ao Hospital de Verín. Atopábase cortando unha árbore nunha zona de monte da parroquia de Solbeira, en Viana do Bolo, cando caeu ao chan e lesionouse unha perna.

Foron uns familiares que se atopaban no lugar os que, mediante un vehículo todoterreo, achegaron á implicada ata a estrada. Alí esperaba unha ambulancia para realizar o traslado ao centro hospitalario.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración no operativo do GES da Veiga e da Gudiña, da Garda Civil, da Policía local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo.

Sede 112
Sede 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta