Un equipo da USC desenvolve un novo método para analizar a composición química das cores de obras de arte

É pouco invasivo e evita retirar demasiado material das obras de arte

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 13/03/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Un equipo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS) logrou desenvolver un método que permite discriminar os distintos compoñentes en complexas mesturas de cores de maneira pouco invasiva para, deste xeito, evitar ter que retirar demasiado material das obras de arte.

O CiQUS lembrou que na contorna museística, preservar adecuadamente os obxectos artísticos é unha prioridade á hora de estudar a composición dos materiais. Por este motivo, os métodos empregados deben ser extremadamente selectivos e sensibles, para reducir o impacto que a recollida de mostras poida ter sobre as propias obras.

Neste caso, os científicos conseguiron extraer mostras dunha xilografía xaponesa da era Meiji nun único paso, empregando para iso substratos ultrasensibles. Nesta ocasión, os investigadores aplicaron o novo método sobre a superficie dunha obra do artista xaponés Kokunimasa Utagawa para analizar a súa composición.

A obra de Kokunimasa Utagawa sobre a que se aplicou o novo método dun equipo da USC
A obra de Kokunimasa Utagawa sobre a que se aplicou o novo método dun equipo da USC | Fonte: Europa Press

Os seus achados dan conta da transición nas técnicas empregadas para mesturar cores durante este período: o uso de pigmentos lacados que se atoparon principalmente nas áreas de cor vermella presentes na obra de Utagawa.

O profesor Massimo Lazzari, investigador principal do CiQUS e coautor do estudo xunto á Doutora Daniela Reggio e ao conservador Antonio Mirabile, destacou que esta "nova estratexia" para a toma de mostras permitiu chegar a niveis de detección que "non é posible alcanzar con outros métodos instrumentais espectroscópicos e cromatográficos".

Segundo os autores, este novo protocolo ten múltiples aplicacións para o seu uso en materiais de patrimonio cultural e pode ser validado para patrimonio arquitectónico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta