Atopan indicios arqueolóxicos do Ferrol medieval

Con todo, os técnicos municipais barallan outras opcións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O subsolo da rúa San Franciso de Ferrol apareceron restos arqueolóxicos que, segundo informa o concello, son compatibles coa porta medieval da muralla, unha construción que figura nalgúns planos históricos de Ferrol Vello á altura da rúa do Cristo.

Tamén coincidiría coa rampla dun antigo porto pola que se baixaba ao mar na zona onde hoxe se sitúa a Praza Vella. Aínda que os técnicos municipais non descartan que se poida tratar doutro tipo de estruturas, entenden que hai moitos indicios que apuntan nesa dirección, xa que a súa traza encaixa co que recolle a diferente documentación do século XVIII.

"De confirmarse que se trata dunhas construcións tan relevantes no pasado de Ferrol, o Concello, desde logo, apostará por conservalas de forma que poidan converterse nun atractivo patrimonial e tamén turístico para o barrio e para a cidade", defendeu o alcalde, Anxo Mato.

Estruturas arqueolóxicas atopadas en Ferrol que poderían ser as da porta medieval
Estruturas arqueolóxicas atopadas en Ferrol que poderían ser as da porta medieval | Fonte: Concello de Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta