O Goberno lanza o teléfono 021 para atender a vítimas de discriminación racial ou étnica

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 20/03/2023 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O Goberno porá en funcionamento nas próximas semanas un novo teléfono, o 021, para atender a vítimas de discriminación racial ou étnica, tal e como anunciou, este luns, a ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

"Como novidade pódolles anunciar que, desde o Goberno de España, imos aumentar tamén os medios para atender esta discriminación e imos pór en marcha un novo teléfono de atención á cidadanía para as vítimas de discriminación racial ou étnica que estará en funcionamento nas próximas semanas, que será o 021", explicou Isabel Rodríguez.

Así se recolle nunha declaración institucional aprobada este luns polo Consello de Ministros con motivo da celebración, este martes 21 de marzo, do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial.

Esta declaración, segundo indicou a ministra e portavoz do Goberno, mostra que "a loita contra a discriminación racial e étnica e contra o racismo estrutural son prioridades do Goberno de España, tanto en política interior como exterior" e "pon en relevo a execución de políticas públicas destinadas á eliminación do racismo estrutural e da discriminación".

A ministra Portavoz, Isabel Rodríguez, intervén durante unha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros
A ministra Portavoz, Isabel Rodríguez, intervén durante unha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta