A conca hidrográfica galega mantense ao 79% da súa capacidade

A media estatal sitúase ao 51,7%

Por E.P. | Galicia | 21/03/2023 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Os encoros de Galicia atópanse ao 78,95, apenas un 1,05% máis que hai unha semana, mentres que a media estatal sitúase ao 51,7%, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o reto demográfico.

A reserva hídrica galega conta nestes momentos cun total de 2.915 hectómetros cadrados de auga, o que supón un 28,51% máis que a estas alturas o ano pasado e 2,06% máis que hai 10 anos.

De maneira detallada, Galicia-Costa, ao 79,7% da súa capacidade, conta con 545 hectómetros de auga recollidos. Isto supón unha cifra un 15,6% superior ao ano pasado e apenas un 2,2% por baixo que hai 10 anos. Pola súa banda, a conca do Miño-Sil ten embalsados 2.370 hectómetros cúbicos de auga, fronte aos 1.624 de hai un ano e os 2.298 de hai unha década.

Encoro de Abegondo-Cecebre  en Cambre, A Coruña
Encoro de Abegondo-Cecebre en Cambre, A Coruña | Fonte: Europa Press.

A nivel estatal, a reserva hidráulica gañou esta semana 241 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,4% da capacidade total. Deste xeito, os encoros están ao 51,7%, con 28.975 hectómetros cúbicos almacenados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta