Por Europa Press / Redacción | Galicia | 24/03/2023 | Actualizada ás 15:50
Os contribuíntes galegos poderán liquidar os seus tributos a través do provedor de servizos de pago 'Bizum' a partir da próxima semana, polo que Galicia estará "entre as primeiras comunidades autónomas de España en facer posible esta opción".
Tamén se ampliarán os acordos con entidades bancarias para poder realizar o pago de impostos a través de caixeiros automáticos. Neste momento poden facerse xa xestións en Banco Santander e CaixaBank.
O plan deste ano, segundo resalta a Consellería de Facenda nun comunicado de prensa, "incide un ano máis en desenvolver e perfeccionar os ámbitos da información e a asistencia aos cidadáns", así como en ofrecer medios de pago "cada vez máis sinxelos para o contribuínte" coa finalidade de fomentar o cumprimento "voluntario" das obrigacións fiscais.
PREVENCIÓN
En materia de prevención, realizará unha serie de programas decomunicación para fomentar a conciencia fiscal colectiva dos cidadáns. A partir do próximo curso escolar realizaranse charlas informativas a alumnado de educación primaria dos centroseducativos galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.