BNG de Santiago presenta a lista para as municipais ca que busca "un cambio transformador" do Concello

Apuntou que as liñas de traballo do BNG prioritarias baséanse en "dereito á vivenda e prezos alcanzables para o aluguer"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O BNG de Santiago deu a coñecer este luns a lista completa para as eleccións municipais do próximo 28 de maio, encabezada de novo por Goretti Sanmartín que destaca que as persoas que conforman este equipo ten "o corazón en Compostela e capacidade para xestionar".

Sanmartín trasladou nun comunicado que o concello "necesita un cambio transformador" e apuntou que as liñas de traballo do BNG prioritarias baséanse en "dereito á vivenda e prezos alcanzables para o aluguer", así como un "feminista, con servizos públicos de calidade e preparado para o cambio climático".

Deste xeito, o número dous da lista é Míriam Louzao, que provén do ámbito cultural, seguida de Xesús Domínguez e Pilar Lueiro, do tecido asociativo e o sector da educación, respectivamente. O posto número cinco ocúpao Manuel César Vila, tamén do ensino.

O primeiro tramo da lista complétano o arquitecto Iago Lestegás Tizón e a educadora social Saleta Chao Rivas. O postos oito e nove son para o avogado Xavier Castro e Marisa Gil (independente), da asociación 'A Pedra que fala' de Data e ecoloxista, mentres que o décimo lugar é de Alexandre Garrido, procedente do movemento LGBT.

LISTA COMPLETA

O resto da lista está conformada por persoas do tecido movemento asociativo como Lois Calvelo, Concha de la Fuente, Isabelle Kerdudo, Manuel Quintáns e Lurdes Sexto. Así, os sectores sindical e sanitario están representados por Sandra López e Encarna Brión, respectivamente.

Deste xeito, César Lago e Eva Cividanes (independente) son representantes do ámbito do comercio, mentres que en cultura están na lista Lucía Carreira, Xan Belo e o cineasta Alfonso Zarauza (independente). Dentro da xente nova integran as lista persoas como Martiño Cacheda e María Bará. Ademais, está presente o expresidente da Federación de ANPA Fernando Lacaci (independente).

Np, Audio E Foto: Candidatura Do Bng De Santiago Para As Eleccións Municipais Do 28M. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Np, Audio E Foto: Candidatura Do Bng De Santiago Para As Eleccións Municipais Do 28M. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta