'Lección Xitana', a exposición que busca "ofrecer unha mirada máis xusta e realista, sen prexuízos nin discriminación"

Galicia súmase durante estes días ás celebracións con ocasión do Día internacional do Pobo Xitano que se celebra este sábado 8 de abril

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

Galicia súmase durante estes días ás celebracións con ocasión do Día internacional do Pobo Xitano que se celebra este sábado 8 de abril nunha xornada de loita contra os prexuízos e a discriminación.

Os actos de conmemoración do Día do Pobo Xitano comezaron este luns en Ferrol coa inauguración da exposición 'Lección Xitana', na que participaron a directora territorial de Galicia da Fundación Secretariado Xitano (FSG), Eva Beira, e a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros.

Promovida pola FGS, esta mostra que poderá visitarse na Delegación Territorial da Xunta na cidade naval está composta por 50 paneis explicativos que teñen como obxectivo "cambiar a visión que se ten do pobo xitano e ofrecer unha mirada máis xusta e realista, sen prexuízos nin discriminación", manifestou Aneiros.

A delegada territorial en Ferrol avogou pola activación de medidas inclusivas como mellor arma para loitar contra a discriminación que sofre este colectivo. Así, ofreceu "unha mirada optimista" que exemplificou no caso de José Jiménez, o primeiro policía local xitano de Galicia, que hai unhas semanas tomaba posesión da praza tras completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada (Pontevedra).

Neste acto, ao que tamén asistiu a xefa territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, María Branco Aller, finalizou coa lectura dunha declaración institucional aprobada con motivo do Día internacional do pobo xitano.

Bandeira do pobo xitano
Bandeira do pobo xitano | Fonte: RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta