Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2023 | Actualizada ás 10:19
A Garda Civil investiga a unha veciña de Vimianzo como presunta autora dunha simulación de delito e dun delito de estafa, segundo informaron fontes deste corpo de seguridade.
A investigación iniciouse o pasado mes de febreiro, cando esta muller se presentou en dependencias oficiais da Garda Civil para interpor unha denuncia por dous supostos cargos fraudulentos que se realizaron co seu cartón de débito, por valor de 575,19 euros.
A muller utilizou tamén esa denuncia para facer unha reclamación fronte ao seu banco polo prexuízo económico que supostamente sufrira, de maneira que a entidade indemnizouna.
As pescudas da Garda Civil permitiron comprobar que as transferencias presuntamente fraudulentas foran realizadas e autorizadas pola propia denunciante. Por estes feitos, abríronse dilixencias de investigación polas supostas infraccións penais cometidas: simulación de delito e estafa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.