Temas: SIL AUGA ENCOROS

Os encoros galegos están por encima da media dos últimos 10 anos

Rozan o 80% da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2023 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 79,29% da súa capacidade total, o que supón situarse case 23 puntos porcentuais por encima que os rexistros de hai un ano e preto de dous puntos máis que a media do últimos dez exercicios.

En concreto, segundo datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a reserva hídrica galega conta cun total de 2.945 hectómetros de auga almacenados, 30 máis que hai unha semana.

Por concas, a do Miño Sil almacena 2.375 hectómetros cúbicos, o que supón estar ao 78,4% da súa capacidade e 738 hectómetros cúbicos máis que na mesma semana do ano pasado. Ademais, a conca de Galicia Costa dispón de 570 hectómetros cúbicos, situándose ao 83,3% da súa capacidade e con 112 hectómetros cúbicos máis que no mesmo período de 2022.

A nivel nacional, a reserva hídrica española atópase ao 51,5% da súa capacidade, con 28.889 hectómetros cúbicos almacenados, diminuíndo en 123 en comparación coa semana pasada, segundo datos do Ministerio, recollidos por Europa Press.

Encoro en Vilamartín de Valdeorras xestionado por Iberdrola
Encoro en Vilamartín de Valdeorras xestionado por Iberdrola | Fonte: Iagua.es

Temas: SIL AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta