Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/04/2023 | Actualizada ás 10:00
A Garda Civil e o xulgado de Ourense iniciaron dilixencias para esclarecer a orixe de varios restos óseos humanos atopados o pasado domingo preto da estrada N-120 en Pereiro de Aguiar.
Segundo informaron fontes da Comandancia, os ósos foron atopados por unha persoa que estaba a dar un paseo pola zona e que alertou á Garda Civil. Unha dotación desprazouse ao lugar, á altura dos quilómetros 557 da N-120, para acordoar a zona, e deu aviso á autoridade xudicial.
Unha vez feito o levantamento dos restos, que están moi deteriorados e "parecen antigos", os ósos foron trasladado á unidade de antropoloxía forense do Imelga en Verín para a súa análise.
Polo momento descoñécese a orixe deses restos humanos, aínda que fontes da investigación apuntaron que "hai un encoro preto" e tamén "un cemiterio", e reiteraron que os ósos, en aparencia, "son moi vellos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.