Reyes Leis, a nova pataca quente de Agustín Hernández

Feijóo e o alcalde de Compostela insisten e diferenciar a nova imputación da concelleira de Turismo, dos casos de corrupción que afectaron a anterior corporación municipal. Ela é a única concelleira que queda dos elexidos en 2011.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2015 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

Quedan tres meses para as eleccións municipais e Agustín Hernández, lonxe de resolver os problemas que herdou dos seus antecesores no cargo, comeza a acumular novos problemas. A nova imputación da única concelleira que aínda continúa no consistorio municipal logo das eleccións de 2011, Reyes Leis, fixo saltar as alarmas no pazo de Raxoi.

Reyes Leis, concelleira de Turismo de Santiago
Reyes Leis, concelleira de Turismo de Santiago

Nin Hernández, nin o presidente da Xunta, queren, agora, que se volva “xudicializar” a vida municipal. Con todo, evitaron, polo momento tomar ningunha medida ao respecto. Feijóo insistiu, ao ser preguntado por esta imputación, que  "a anterior etapa" no Concello de Santiago "está resolta" desde a chegada de Agustín Hernández á Alcaldía, polo que "as cuestións anteriores" non lle afectan.

Actuarase con proporcionalidade, sabendo o contido e alcance da imputación”, dixo ao referirse as acusacións ás que se enfronta Reyes Leis. A responsable de Turismo foi imputada pola presunta autoría deste delito para evitar unha multa da ORA.

Pola súa banda, o alcalde Agustín Hernández (PP), diferenciou entre imputación e condena e optou pola cautela ante esta decisión xudicial. “Leis atópase desgustada”, dixo e engadiu que, aínda que estea nesta situación procesual, “isto non obedece a un tema de corrupción".

Polo momento, o PPdeG non vai a intervir nesta cuestión á espera de como evoluciona. Segundo fontes municipais, Hernández non quere iniciar unha nova crise no concello a escasos meses das eleccións xa que cren que esta cuestión “é menor” e non terá “percorrido xudicial”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 fons

pero onde haberá un pepeiro honrado.....

1 Gamela

Home, máis que unha "pataca quente" semella un "bombón recheo" ?