Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 13:30
Un mariñeiro faleceu nas últimas horas a bordo do pesqueiro galego Villa Nores, propiedade do Grupo Nores Marín, a empresa armadora da Villa de Pitanxo, que naufragou en febreiro de 2022 en augas de Terranova. Segundo as primeiras informacións, o suceso ocorrería tamén en augas de Terranova, polo que o buque poría rumbo a terra, cara a Saint John's de Terranova, segundo adiantou 'Faro de Vigo'.
Fontes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) confirmaron a Europa Press o falecemento deste mariñeiro, aínda que polo momento se descoñecen as circunstancias do que podería pasar.
Este feito prodúcese pouco máis dun ano despois do afundimento da Villa de Pitanxo, barco xemelgo da Vila Nores, que acabou coa vida de 21 dos 24 mariñeiros que traballaban nel.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.