Saír correr podería ter beneficios para as mulleres á hora de afrontar o cancro de mama

O Centro de Patoloxía da Mama – Fundación Tejerina destaca a repercusión positiva de facer exercicio nas pacientes con esta doenza.

Por Galicia Confidencial | MADRID | 22/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A práctica de exercicio físico proporciona numerosos beneficios na saúde da muller. No que se refire ao cancro de mama, realizar deporte de forma regular pode axudar a reducir o risco de desenvolver este tipo de tumor, a súa recorrencia e, unha vez a enfermidade e os seus tratamentos están presentes na vida da paciente, convértese nun gran aliado para mellorar a súa calidade de vida física e emocionalmente

MR-CAT, el nuevo sistema de diagnóstico de cáncer en el Chuvi.
MR-CAT, el nuevo sistema de diagnóstico de cáncer en el Chuvi.

A doutora Mónica Caba, radióloga especializada en Imaxe Mamaria no Centro de Patoloxía da Mama – Fundación Tejerina, explica que “o cancro de mama é unha enfermidade complexa na que interveñen múltiples factores de risco que inflúen de maneira variable e diferente na poboación feminina, condicionando un risco concreto e distinto para cada muller".

Aínda que hai factores, como a idade ou o sexo, sobre os que as persoas non poden actuar, Caba subliña existen tamén outro amplo grupo de factores de risco modificables, "tales como a dieta, a obesidade, o tabaquismo, o consumo de alcol e a actividade física, sobre os que si podemos influír cos nosos hábitos de vida e tentar reducir así o noso risco individual de desenvolver este tipo de tumor".

Neste sentido, desde a Fundación Tejerina poñen o exemplo de Begoña Revolta, paciente con cancro de mama. "Empecei a correr con 12 anos. A práctica de exercicio físico en xeral sempre me produciu moitísima satisfacción persoal, pero o running é unha parte

imprescindible da miña terapia"."Animo a todas as pacientes con cancro de mama a vencer a preguiza e practicar calquera tipo de deporte. É un antidepresivo natural, dormes, comes e séntesche mellor e máis feliz", conclúe a paciente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta