Dúas estadounidenses, as primeiras peregrinas en iniciar o Camiño na ruta das Misións de San Antonio de Texas

Despois continuaron a peregrinación na Coruña ata chegar a Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

As estadounidenses Lenora Álvarez do Castelo e Mary Jesse Segovia convertéronse este mércores nas primeiras peregrinas en completar o Camiño de Santiago tras inicialo na ruta das Misións de San Antonio de Texas.

Nun comunicado, a Catedral de Santiago explica que as dúas mulleres iniciaron a ruta nas Misións de San Antonio, en Texas, para continuala en territorio galego, desde a cidade da Coruña.

Segundo explica, en Estados Unidos percorreron as diferentes Misións situadas ao longo do río San Antonio, en Texas, importantes edificios coloniais que datan do século XVIII, fundadas por relixiosos franciscanos españois, e que actualmente están declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Precisamente, a Catedral de Santiago destaca que, desde a Arquidiocese de San Antonio de Texas está a promoverse unha ruta que une as diferentes misións, seguindo o exemplo do Camiño de Santiago.

Isto foi o que fixeron Leonora e Mary, que tras percorrela, trasladáronse ata A Coruña, para completar a peregrinación ata a Catedral de Santiago e obter a súa Compostela. A Catedral de Santiago detallou que as dúas peregrinas foron recibidas na Oficina do Peregrino polo cóengo e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo. A continuación, asistiron á Misa do Peregrino na catedral.

Chegan a Santiago as primeiras peregrinas que iniciaron o Camiño na ruta das Misións de San Antonio de Texas. CATEDRAL DE SANTAIGO
Chegan a Santiago as primeiras peregrinas que iniciaron o Camiño na ruta das Misións de San Antonio de Texas. CATEDRAL DE SANTAIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta