Adolfo Domínguez aerra en Oriente Medio

Aliase con Chalhoub para abrir 16 establecementos en catro anos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Adolfo Domínguez asinou unha alianza co grupo Chalhoub, o maior distribuidor de luxo de Oriente Medio, para abrir 16 novos establecementos na zona nos próximos catro anos. As primeiras tres aperturas produciranse esta primavera en Dubai (Emiratos Árabes Unidos) e Yeda (Arabia Saudita), segundo informou este xoves a firma de moda de autor á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

O acordo con Chalhoub permitirá a Adolfo Domínguez quintuplicar a súa rede de puntos de venda en Oriente Medio, onde actualmente conta con tres tendas, unha delas en Kuwait e dúas en Qatar.

Os novos establecementos despregaranse nos distintos mercados nos que o grupo Chalhoub ten presenza, entre eles Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, Exipto, Xordania ou Líbano. O acordo inclúe a comercialización das coleccións de home, muller e complementos de Adolfo Domínguez tanto en tendas como en centros comerciais, así como a potenciación da tenda 'en liña'.

Tenda de Adolfo Domínguez na T1 do Prat. AENA - Arquivo
Tenda de Adolfo Domínguez na T1 do Prat. AENA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta