Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 11:43
Representantes de colectivos e asociacións veciñais da comarca de Ordes e As Mariñas rexistraron no edificio administrativo de San Caetano unha petición formal para ser recibidos pola Xunta, á que acusan de "usurpar" información á cidadanía sobre a implantanción de proxectos eólicos.
Estas plataformas reclaman que o departamento de Industria cumpra coa súa obrigación de dar trámite de audiencia de iniciativa propia en cumprimento do artigo 37.5 da Lei de Medio Ambiente.
Acusan á Xunta de "saltarse" a lei e de "tirar para adiante como pitos sen cabeza" na tramitación de parques eólicos, na que "cada vez que dan un paso ou toman unha decisión, cheira máis e o bolo vai crecendo".
Así, advertiron que "ao final" a xustiza "porá a cada quen no seu sitio". "Xa atascamos os rexistros coas alegacións (aos proxectos de parques) e agora atascaremos os xulgados coas denuncias se non paran esta barbarie", indican os colectivos nun comunicado conxunto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.