Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 19:38
As viaxes que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a líder do BNG, Ana Pontón, fixeron a Centroamérica e Suíza, respectivamente, en tempos preelectorais acabaron en polémica política. Así, este xoves, Rueda criticou duramente ao BNG por poñer en cuestión as viaxes que fai como xefe do Executivo galego cando a líder do Bloque fai tamén o mesmo.
"Ela pode viaxar cando queira e eu non. Iso é moi propio do BNG e cando facemos viaxes somos obxecto do seu xuízo rigoroso", criticou o presidente galego aludindo a declaracións de algúns nacionalistas que vincularon a súa visita a América con cuestións electorais relacionadas co 28M.
URKULLU
Por outra banda, Rueda lamentou que as "reivindicacións" en materia de infraestruturas "dalgúns territorios" como Euskadi provoquen unha "reacción" por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mentres ante as que expoñen outras comunidades como Galicia non haxa "ningunha".
Neste sentido, recalcou que a principal demanda de Galicia é que aumenten os "ridículos" 30.000 euros para a conexión entre Vigo e o norte do Portugal, especialmente cando o Goberno luso "manifestou que vai cumprir cos seus compromisos no ano 2030".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.