Por E.P. | OURENSE | 27/04/2023 | Actualizada ás 11:34
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves o acordo da Xefatura Territorial de Ourense polo que se somete a información pública o plan de restauración da concesión da explotación denominada Castañeiro I no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras.
Ao amparo da normativa vixente sobre xestión de residuos das industrias extractivas, o departamento da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación aprobou someter a información pública durante un prazo de 30 días hábiles o plan de restauración da concesión.
Nese período, as persoas que se consideren afectadas poderán examinalo e formular as alegacións que consideren oportunas por escrito. Transcorrido o prazo, proseguirase coa tramitación do citado plan, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.