Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 12:38
A Televisión de Galicia obtivo en abril unha cota de audiencia do 10% co que acumula nos catro primeiros meses do ano unha media do 10,5%, iso, a pesar das xornadas de folga que houbo no ente público.
Os datos de Kantar Media difundidos este martes polo ente público revelan que a TVG supera en punto e medio a media das canles autonómicas que compoñen a FORTA.
Así, sulña que melloraron os seus datos o 'Galicia Noticias' (+2,3 durante a semana e +1,8 en fins de semana) e o 'Telexornal Mediodía' (+1,3 de luns a venres e +0,8 sábados e domingos). Outro dos datos destacados polo ente público son as cifras de audiencia en horario de 'prime time', que supera os dous díxitos os mércores, xoves e venres.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.