Problemas cos coches, a luz, gas e o banco, principales reclamacións de Facua

Os socios de Facua Galicia aproban o balance de contas e a memoria de actividade na súa sétima asemblea xeral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Facua-Consumidores en Acción Galicia celebrou o pasado sábado a súa sétima asemblea xeral de socios, onde se aprobou a memoria de actividades e económica do ano 2022 e as propostas para este exercicio.

Foi o presidente da asociación, Víctor Muñoz, o encargado de presentar o balance das iniciativas nas que se traballou durante o último ano e compartiu as propostas que forman parte da planificación deste 2023.

En concreto, Facua Galicia pechou 2022 cun total de 11.686 socios, dos cales 10.429 eran adheridos e 1.530 de pleno dereito. Durante todo o ano pasado xestionáronse unhas 1.955 consultas e reclamacións de consumidores residentes en Galicia, das que 1.631 foron consultas e 302, reclamacións.

Respecto dos sectores que acapararon maior número de denuncias, a compra e reparación de vehículos alcanzan unha maior porcentaxe, cun 31,8%. A este sector acompáñanlle en segundo lugar as problemáticas relacionadas coas subministracións de luz e gas, cun 16,9%; seguido dos servizos bancarios, cun 10,6%. Ademais, súmanse os 10 expedientes de reclamación tramitados de oficio por FACUA Galicia.

Ao peche da Asemblea Xeral, tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria para a aprobación das modificacións estatutarias propostas.

Taller de reparación dun coche
Taller de reparación dun coche | Fonte: automóbil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta