Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/05/2023 | Actualizada ás 18:24
A Xunta presume de axilizar procesos de dependecia. Así, segundo suliñou, o seu plan de choque permitiu o ano pasado diminuír un 18,9% a lista de espera, a pesar do incremento no número de solicitudes, así como rebaixar os expedientes pendentes de prestación case nun 49%.
Así o explicou este xoves a secretaria xeral técnica de Política Social, María Francisca Gómez Santos, durante unha comparecencia en comisión parlamentaria para responder a unha pregunta da socialista Mariña Ortega en relación á situación da dependencia en Galicia. Na súa intervención, referiuse ao plan de choque posto en marcha para axilizar os procesos de dependencia, que permitiu rebaixas na lista de espera tanto en 2021 (18,3%) como en 2022 (18,9%), segundo o Informe Semestral do Imserso.
Desde 2021 contratáronse en Galicia 27 técnicos e 10 auxiliares administrativos para procesos de dependencia. En relación a esta cuestión, María Francisca Gómez Santos mencionou que o plan de choque en dependencia, que vai máis aló e abarca unha "simplificación normativa e administrativa" para o proceso de dependencia, difusión de información, cambio na concepción do PIA, potenciación da historia social única, mellora do modelo de xestión de citas e priorización de determinadas patoloxías, como aquelas que afectan o prognóstico vital.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.