Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2023 | Actualizada ás 09:00
Os protagonistas, Junior e Valentina, dous burros da granxa Casa Grande de Xanceda, piden á Real Academia Española que retiren a acepción pexorativa da palabra burro mediante un vídeo-petición e defenden que grazas a súa "intelixencia e astucia" non se rexistran, na granxa ecolóxica, ataques de lobos dende 2008.
Ademáis, esta granxa celebra que finalmente Whatsapp engadira a emoticona do burro despois de solicitalo en 2017 e de organizar unha campaña chamada "Vaia burrada!". Para celebralo e comunicarllo a Junior e Valentina, doarase unha cenoira á protectora de burros A.N.D.R.E.A por cada persoa que use esta emoticona nas redes co vídeo da celebración.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.