Problemas na programación diaria da CRTVG pola quinta xornada de folga

Aafecta a programas como A Revista, Atmosféricos e os deportes. O Comité Intercentros avanza que o parón afectará tamén a ZigZag e a Luar e que ten un seguemento do 70%. O ente público rebaixa a participación a un 26,1%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A quinta xornada de folga na CRTVG afectou á programación deste venres, concretamente a programas como A Revista, Atmosféricos, os deportes e Diario Cultural, entre outros. O seguimento, segundo datos oficiais da CRTVG, é do 26,1%.

Nunha valoración a Europa Press, o presidente do comité intercentros, Tiago Alvite, sinalou que ademais dos citados, poden "certificar" que "caerá" Zigzag e Luar. En canto ao seguimento, o comité e a dirección da corporación pública difiren nas cifras. Os primeiros aseguran que, "como en xornadas pasadas", a participación no parón sitúase por encima do 70%. "Unha vez máis cae a programación non esencial, redaccións baleiras e alta participación", apunta Alvite.

A dirección da CRTVG, pola súa banda, afirma que o seguimento, na quenda de mañá, tanto en San Marcos como nas delegacións, foi do 26,1%. "O que supón que máis do 73% do persoal non secundou a folga", indican. Ademais, a corporación reafirmouse no "carácter político" destas convocatorias de folga, "máxime cando, como sinalan os escritos publicados por forzas sindicais convocantes: esta non é unha folga laboral".

Redacción da CRTVG con asentos baleiros pola folga na CRTVG /  COMITÉ DE EMPRESA CEDIDA / Europa Press
Redacción da CRTVG con asentos baleiros pola folga na CRTVG / COMITÉ DE EMPRESA CEDIDA / Europa Press

17 DE MAIO

Por outra banda, a CRTVG desenvolverá desde este fin de semana unha programación especial sobre a figura de Francisco Fernández del Riego con motivo do Día das Letras Galegas 2023 a través da cal emitirá documentais, entrevistas, música e cinema en galego.

A TVG emite este sábado e domingo, e tamén o 21 de maio, os seis capítulos da webserie da Real Academia Galega 'Francisco Fernández del Riego, ou que nunca se rendeu', que se inicia nas terras de Lourenzá, onde naceu, e que abarca as súas iniciativas políticas e culturais, como viviu a Guerra Civil e a posguerra, así como o seu papel como dinamizador cultural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 C. Palangana

Non pode ser que estas folgas conten cada vez con menos apoio, os sindicatos teñen facer algo para revertir esa tendencia pero con as cabezas pensantes que hai non sei eu...