A Deputación da Coruña celebra este venres un concerto en homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro

Por E.P. | A CORUÑA | 16/05/2023 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña organizou este venres día 19 un concerto en homenaxe a Zeca Afonso e Rosalía de Castro con motivo da celebración esta semana do Día das Letras Galegas.

O evento terá lugar no teatro Colón da cidade herculina. As entradas xa se poden retirar de maneira gratuíta na súa páxina web. Segundo explica o organismo provincial nun comunicado, o grupo Canto D'Aqui contará no escenario coa colaboración de Pedro Jóia e Iria Estévez, nun recital que ten como obxectivo enxalzar a estas dúas figuras da cultura galega.

Os actores galegos Isabel Risco e Fran Rei serán os "invitados especiais" a este espectáculo.

Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972
Testemuño da primeira xira por Galicia de Zeca Afonso (dereita), xunto co cantautaro galego Benedicto Garcia Villar, en 1972 | Fonte: www.aja.pt.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta